O Surfing the Lérez cancelouse, pero a vertente máis solidaria dos responsables do evento continuou e realizaron a habitual recollida de alimentos, esta vez en Sala Karma.
Para iso, entre as once da mañá e as oito da tarde deste sábado, recibiron as doazóns de alimentos non perecedoiros que, posteriormente, entregarán á Asociación de veciños O Mirador de Monte Porreiro e Cruz Vermella.
"Fue bien, pero despacito", explicou o director do festival, Marcos Rivas,
A pesar diso, encheron case 3 furgonetas cos alimentos recolleitos, o que supón máis de 1.000 quilos.
Aínda que a cifra afástese das 10 toneladas propostas desde o principio, "con eso ya estoy contento", destacou Rivas, que é consciente de que "es un momento crítico para muchas personas y es difícil ayudar".