Recoñecemento ao Dr. Gabriel Villaverde polos seus 25 anos de exercicio profesional

Pontevedra
01 de marzo 2023

O Dr. Gabriel Villaverde Ramírez, Especialista en Periodoncia e Implantes e Director Médico de Clínica Villaverde, recibía por parte do Colexio de Odontólogos de Pontevedra e Ourense a medalla por cumprir 25 anos de exercicio profesional. No mesmo acto tamén era recoñecida a Dra. Pilar Vazquez Troche, quen tamén forma parte do equipo de Clínica Villaverde

A Dra. Pilar Vázquez Troche e o Dr. Gabriel Villaverde Clínica Villaverde

O Colexio Oficial de Dentistas de Pontevedra e Ourense celebraba o pasado sábado 25 de febreiro o acto institucional da súa patroa Santa Apolonia no que se distinguiu aos colexiados de honra, que poñen punto final á súa carreira profesional, aos que cumpren 25 anos de traxectoria e aos que se incorporan á institución.

O Dr. Gabriel Villaverde Ramírez, Especialista en Periodoncia e Implantes e Director Médico de Clínica Villaverde, recibía por parte do Colexio de Odontólogos de Pontevedra e Ourense a medalla por cumprir 25 anos de exercicio profesional.

No mesmo acto tamén era recoñecida a Dra. Pilar Vazquez Troche, quen tamén forma parte do equipo de Clínica Villaverde. 

O Centro Exclusivo de Periodoncia e Implantes Dentais Gabriel Villaverde Ramírez, situado na rúa Loureiro Crespo, 13, 2º A-B, celebraba recentemente o vinte aniversario da súa apertura en Pontevedra.

O acto institucional deste ano contou cun compoñente emocional engadido porque permitiu o reencontro dos compañeiros despois de dous anos sen poder facelo polas restricións obrigadas pola pandemia.

A presidenta do Colexio, Adriana Sanz, así o significou no seu discurso, no que se congratulou de "volver estar xuntos, sentindo a proximidade e a calor humana ao que tivemos que renunciar e que tanto botamos de menos".

Unha dura proba da que a Odontoloxía saíu reforzada e máis en pé que nunca. "Soubemos estar á altura nun escenario dificilmente imaxinable, poñendo o noso coñecemento, e moitas veces nosa propia integridade, ao servizo dos pacientes. Nin sequera nos momentos máis adversos fraqueou esa vocación de servizo. Un compromiso que fixo aflorar o mellor de nós mesmos e que debe ser motivo de satisfacción e orgullo", engadiu Sanz.

A súa intervención concluíu co recoñecemento aos 51 compañeiros galardoados.

O acto contou coa presenza do Bastonario da Ordem dos Médicos Dentistas de Portugal, Miguel Pavao, así como dos presidentes dos Colexios de Dentistas da Coruña e Lugo, José María Suárez Quintanilla e María Núñez Otero.