Récord de visitantes no Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Umia
26 de xuño 2018

Foron 5.440 escolares e 96 centro de ensino en só seis meses

Visita escolar ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro PAAR

Os datos de afluencia ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro volven crecer durante o primeiro semestre do ano, encadeando un aumento sólido e sostido e alcanzando un total de 7.609 usuarios no acumulado de xaneiro a xuño.

De todas as cifras, sobresae o número de escolares con máis de 5.440 visitantes e un total de 96 centros de ensino, o que supón un aumento do 16% con respecto ao mesmo período do ano pasado.

Desde a xerencia do Parque sinalan que a renovación anual do programa didáctico e as accións de promoción específicas para este público, fan que a orixe dos colexios que chegan ao Parque sexa cada vez máis diverso, coas catro provincias de Galicia representadas con asiduidade, así como algúns centros de fóra das nosas fronteiras como o caso dun instituto inglés de fillos de galegos.

Dentro das novidades deste ano destaca o éxito conseguido coa iniciativa do Parque: "Carné de Experto en Petróglifos".

Ao terminar a visita ás instalacións aos escolares entrégaselles este carné que acredita o seu coñecemento sobre a arte Rupestre e a súa deber de protexelo e divulgalo. Por este motivo, leste mesmo documento é unha entrada gratuíta para que poidan volver as veces que o desexen ao  PAAR durante o 2018.

 

Arquivado en