Recordo ás vítimas da COVID-19 na celebración do 176 aniversario da Garda Civil

Pontevedra
13 de maio 2020

A crise sanitaria condicionou a celebración do acto organizado na Comandancia de Pontevedra para conmemorar esta efeméride

Celebración do 176 aniversario ga Garda Civil na Comandancia de Pontevedra Guardia Civil

A Garda Civil organizou este mércores un sinxelo acto nas súas dependencias da comandancia de Pontevedra para conmemorar o 176 aniversario da súa fundación. 

A crise sanitaria obrigou a limitar a celebración da efeméride de anos anteriores a un sobrio acto que tivo lugar na chaira da comandancia coa lectura do decreto fundacional acompañado dunha reducida representación do persoal que traballa no acuartelamento.

Concluíu o acto coa homenaxe aos gardas civís falecidos en acto de servizo e co recordo posto nos compañeiros que perderon a vida como consecuencia do coronavirus, así como de todas as vítimas da COVID-19.