A rehabilitación do Pazo de Lourizán superará os 15 millóns de euros: "Iso é o mínimo, minimísimo"

Pontevedra
01 de outubro 2025
Actualizado: 16:44

A Xunta de Galicia agarda que se poida licitar as obras a mediados do próximo ano 2026 e poder comezar a execución a finais dese mesmo ano ou principios de 2027

Visita de Lorenzana al Pazo de Lourizán
Visita de Lorenzana al Pazo de Lourizán / PontevedraViva

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzou este luns que o proxecto básico para a rehabilitación integral do Pazo de Lourizán estará listo a finais de outubro.

Isto permitiría licitar as obras a mediados de 2026 e comezar a execución a finais dese mesmo ano ou principios de 2027.

Lorenzana estima que a rehabilitación deste Ben de Interese Cultural, superará os 15 millóns de euros. "Iso é o mínimo, minimísimo", dixo.

Aínda que o orzamento definitivo está aínda por pecharse, a conselleira indicou que a estimación inicial será previsiblemente será maior. "Creo que se vai a superar", apuntou.

Durante unha visita ao Pazo xunto co equipo redactor do proxecto, Lorenzana destacou o ritmo de traballo desde que o contrato foi adxudicado o pasado 25 de xuño, "está a traballarse arreo para cumprir os prazos".

A conselleira confía en que o futuro pazo combine o uso forestal tradicional cunha nova dimensión turística, cultural e recreativa.

Lorenzana tamén adiantou que a rehabilitación podería exporse en fases para permitir o uso parcial do espazo mentres avanza a intervención.

"Eu penso que non vai haber que esperar ao fin da totalidade da obra para que os cidadáns poidan empezar a ver un pouco o resultado", apuntou a conselleira, destacando que esta medida se adoptaría "sempre con todas as garantías de seguridade".

Visita de la conselleira al Pazo de Lourizán
Visita da conselleira ao Pazo de Lourizán Xunta de Galicia

O obxectivo da Xunta é revitalizar un dos grandes símbolos patrimoniais de Galicia sen desligalo da súa esencia forestal, integrando novos usos que abran o recinto á sociedade galega.

Blanca González, arquitecta do estudo Carme Pinós -que traballa en UTE xunto ao equipo de Carles Enrich-, explicou como avanza a rehabilitación do Pazo de Lourizán, un proxecto tan ambicioso como delicado. Esta UTE gañou en novembro pasado o concurso de ideas convocado ao efecto.

Actualmente, están inmersos na redacción do proxecto básico, coa intención de entregalo a finais de mes. Como parte deste proceso, están a realizar catas estruturais para coñecer en detalle o estado real do edificio.

"Hay elementos que se aprecian a simple vista, pero otros requieren estudios más profundos", explica Blanca.

Especialmente importantes son os forxados, que deben adaptarse ás esixencias estruturais actuais, e cuxa avaliación influirá directamente en como se expoñen as intervencións e en como se reparte o orzamento.

Catas en el Pazo de Lourizán
Catas no Pazo de Lourizán PontevedraViva

"Estamos todavía en una fase inicial, en pleno desarrollo del proyecto básico", engade. "Vamos afinando soluciones a medida que vamos descubriendo cómo es realmente el edificio, porque todavía guarda muchos secretos".

Un dos maiores retos é precisamente adaptar o proxecto gañador a unha realidade tan condicionada polo seu valor patrimonial.

Hai elementos que non se poden tocar baixo ningún concepto: a espectacular escaleira imperial que conecta a planta principal coa segunda, a escaleira circular da galería ou os paramentos históricos.

Estes compoñentes marcan cotas e niveis que determinan como e onde se pode intervir.

Ademais, os teitos dos salóns nobres están decorados con escaiolas e pinturas que deben preservarse coidadosamente.

"Este tipo de proyectos están siempre en tensión", recoñece Blanca. "El patrimonio es muy sensible a la incorporación de nuevas instalaciones, como los sistemas de climatización y ventilación que hoy en día son imprescindibles. Pero claro, a veces el edificio no ofrece espacio suficiente para incorporarlas sin afectar a su esencia".

Aquí entra tamén o traballo crave do equipo de restauración de Cromas, que xa realizou unha campaña de caracterización de materiais.

O seu labor consiste en distinguir que partes do edificio son orixinais e cales se engadiron despois, analizar tipos de madeira, pinturas... e expor solucións que permitan conservar ao máximo o auténtico, sen caer en recreacións falsas.

"No se trata de hacer un decorado histórico", apunta Blanca, "sino de poner en valor lo antiguo y encontrar la manera adecuada de introducir lo nuevo sin que pase desapercibido, pero sin romper la armonía".

E que hai da documentación previa? Pois ese é outro escollo. Aínda que existe bastante arquivo relacionado co Pazo, a maioría son documentos administrativos, como facturas.

"Tenemos algún plano histórico de la antigua granja, pero no está claro si refleja lo que realmente se construyó o solo una idea previa", comenta. Noutras palabras, toca traballar con moitas incógnitas.

Todo isto, evidentemente, afecta aos prazos e ao orzamento. "Es fácil pensar que los retrasos se deben a una falta de eficacia por parte de los arquitectos, pero la realidad es mucho más compleja. Aquí intervienen muchos agentes, y vamos avanzando paso a paso, con el rigor que requiere un edificio con tanto valor histórico", sentenciou.