Rescatan catro cadelas atrapadas nun barranco en Poio

Poio
03 de marzo 2022

Ao propietario destas cadelas abríronlle un expediente na Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, por varias infraccións. Entre elas atópase a de non adoptar as medidas necesarias para evitar o seu extravío, unha infracción grave e da que ademais este individuo é reincidente  

Unha das cadelas rescatadas Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio rescatou catro cadelas que estaban atrapadas nun barranco na zona de Río Mouro.

Segundo informaron desde a Xefatura da Policía Local, o suceso tivo lugar este mércores sobre a unha da tarde, cando un particular alertou aos axentes da presenza destes animais.

Ao propietario destas cadelas abríronlle un expediente na Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, por varias infraccións, unhas graves e outras moi graves.

Entre elas atópase a de non adoptar as medidas necesarias para evitar o seu extravío, unha infracción grave e da que ademais este individuo é reincidente.

Outro feito valorado como "moi grave" é a tenencia "sen licenza" destes animais considerados cans potencialmente perigosos e omitir a súa inscrición no correspondente rexistro. Por último, tampouco acreditou ter un seguro de responsabilidade civil.

Ademais, os axentes municipais están a investigar se estas catro femias estaban a ser utilizadas para a cría con fins comerciais, algo que só está permitido en establecementos autorizados.