Retiran 200 quilos de lixo do río dos Gafos

Pontevedra
03 de xullo 2017

Unha quincena de voluntarios participou este domingo na primeira xornada de limpeza do Gafos que organiza a asociación Vaipolorío

Xornada de limpeza do río dos Gafos Vaipolorío

Unha quincena de voluntarios participou este domingo na primeira xornada de limpeza do Gafos que organiza a asociación Vaipolorío.

Segundo informaron desde o colectivo ecoloxista, o traballo saldouse coa retirada de 150 quilos de residuos e outros 50 de vidro do tramo do río comprendido entre Tomeza e Vilaboa

Nesta ocasión incorporáronse como voluntarios tres persoas da Escola de Capataces de Lourizán e para as próximas xornadas de limpeza varios colectivos comunicaron o seu interese por colaborar.

Esta nova campaña desenvolverase os domingos de xullo e, posiblemente, tamén algúns de agosto.

Trátase da campaña de limpeza número 17 que realiza Vaipolorío.