Sábado perfecto para a chegada do viño e a celebración na XXI Feira Franca

Pontevedra
03 de setembro 2022

Numeroso público seguía ás 11.30 horas o inicio da Feira Franca con la mostra de oficios, o mercado medieval e a chegada do viño ao centro histórico

Recreación do transporte do viño na Feira Franca 2022 II Mónica Patxot

Numeroso público participaba na mañá deste sábado no inicio da Feira Franca 2022, despois de dúas edicións de suspensión debido á pandemia.

A mostra de oficios tradicionais animaban desde as 11.30 horas a praza da Ferrería, mentres que o mercado medieval estendíase pola avenida de Santa María. 

A sensación festiva fíxose patente coa comitiva que transporta o viño polo Camiño Vello de Castela, penetrándose por Santa Clara, Sarmiento, Pasantería e a praza da Ferrería para desembocar na Peregrina con moita animación, música e alegría do medievo, #ante miles de persoas seguindo a festa.

A asociación recreativa de Xeve, Art Monium, Troula e distintos colectivos puxeron en marcha esta esperada edición.

Arquivado en