Sae a contratación o servizo de limpeza para dependencias municipais e instalacións deportivas

Pontevedra
08 de xuño 2020

Este inicio de licitación realízase debido a que a anterior fora impugnada pola Asociación Profesional de Empresas de Limpeza por non fixar o límite máximo de horas extras nos pregos

Pavillón Multiusos Diego Torrado

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou na súa sesión deste luns o inicio do contrato do servizo limpeza para dependencias municipais e instalacións deportivas. 

Este inicio de licitación realízase debido a que o anterior contrato fora impugnado pola Asociación Profesional de Empresas de Limpeza por non fixar o límite máximo de horas extras nos pregos. 

Os novos pregos volven fixar dous lotes: o primeiro inclúe os mercados municipais, cemiterios, a totalidade de casas de cultura e centros sociais e as dependencias municipais; e o segundo inclúe todos os pavillóns deportivos  muncipais. 

O contrato ten unha duración de 4 anos e un orzamento de 2.821.067 euros.