Sae a licitación o proxecto que transformará o peirao de Covelo en Poio

Poio
23 de xullo 2026
Actualizado: 14:16

O prezo de licitación é de 250.000 euros e o prazo de execución de seis meses

Diseño do proxecto previsto no peirao do Covelo, Poio Concello de Poio

Até o próximo 10 de agosto está aberto o prazo de presentación de ofertas para executar o proxecto que o Concello de Poio contempla para o peirao do Covelo, na parroquia de Samieira.

O obxectivo do proxecto é converter ese espazo nun emprazamento máis seguro, accesible e integrado; intervindo na mobilidade das persoas e na ordenación do tráfico rodado.

Habilitarase unha plataforma única que diferenciará a zona para circulación de vehículos da de tránsito peonil, o que mellorará a accesibilidade e a seguridade das persoas.

A rede de recollida de pluviais desviarase cara ao dique de rocas evitando así as escorrentías nas praias de Covelo e Area da Barca.

Instalarase unha varanda ao longo da fronte marítima até a ponte Rego e renovarase a iluminación pública.

O prezo de licitación do proxecto é 250.000 euros e no seu custo participan Concello de Poio e Portos de Galicia.

Unha vez concluído o procedemento administrativo, o prazo de execución da obra é de seis meses.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora