A Consellería de Sanidade realizará un cribado masivo en Ponte Caldelas ante o avance da covid-19 no municipio. Así o deu a coñecer este mércores o propio alcalde, Andrés Diaz, despois de acordar a medida co xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez.
O alcalde explicou que o cribado centrarase en persoas de 40 a 79 anos, un total de 3.098 segundo os datos actualizados do padrón.
De momento, o Servizo Galego de Saúde non anunciou o cribado de xeito oficial e descoñécese a data na que se realizará, pero o xerente trasladou ao alcalde algúns detalles. Un deles é que, por operatividade, as probas faranse no centro de saúde de Ponte Caldelas.
As citas faranse por aldeas/parroquias e asignaráselles aos pacientes día e hora. Os pacientes recibirán os avisos de citas por SMS.
O obxectivo é poder detectar asintomáticos, persoas con covid-19 que non presentan ningún síntomas e, polo tanto, non saben que están contaxiando e poden axudar a expandir a enfermidade.
En Sanxenxo, a Consellería de Sanidade vai realizar un cribado no colexio Cruceiro. Será este xoves 28 de xaneiro entre as 9.00 a 14.00 horas.