Sanxenxo derrubará un edificio en ruínas ante a inacción dos seus propietarios

Sanxenxo
09 de decembro 2019

O Concello de Sanxenxo procederá á demolición do edificio de Muebles Alonso na rúa Progreso "canto antes". Está situado no número 49-A de esta rúa facendo esquina coa rúa Consistorio e foi declarado en ruína polos servizos municipais de urbanismo

Antigo edificio de Muebles Alonso, na rúa Progreso
Antigo edificio de Muebles Alonso, na rúa Progreso / Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo procederá á demolición do edificio de Muebles Alonso na rúa Progreso "canto antes".

Segundo informaron desde o Concello este edificio está situado no número 49-A de esta rúa facendo esquina coa rúa Consistorio e foi declarado en ruína polos servizos municipais de urbanismo. Trátase dun inmoble de 2 plantas cunha superficie de 303 metros cadrados e unha altura de 7,70 metros.

Debido ao seu estado hai xa meses que se requiriu aos propietarios para que procedesen á súa demolición, "pero como estes non fixeron nada", o Concello decidiu asumir a execución subsidiaria da demolición, "cuxos custos posteriormente serán abonados pola familia", explicaron fontes municipais.

O proxecto de demolición está valorado en 43.709 euros, a este orzamento hai que engadir os custos da redacción do proxecto de demolición, máis a dirección e a coordinación das obras que xa se contrataron.

A intención da concelleira de infraestruturas, María Deza, é que a demolición se poida iniciar ben a próxima semana ou a seguinte, unha circunstancia que vai depender das obras da rúa Progreso.