O Concello de Sanxenxo decidiu instalar unha rede de saneamento de augas residuais para dar servizo ao núcleo de casas que se atopa nas inmediacións da praia de Canelas.
O proxecto, que xa está redactado, está valorado en case 55.000 euros e será licitado esta mesma semana. O financiamento será con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
As obras estenderanse ao longo de 200 metros e consistirán no reformulo dos terreos, a apertura dunha gabia para a instalación das canalizacións e pozos de rexistro e a reposición do firme afectado polas obras.
Esta actuación ten un prazo de execución de tres meses.