Jorge Cubela, o alcalde de Cerdedo Cotobade, e os membros da Comisión de Festas de Tenorio fixeron público a programación lúdico-festiva que levará a cabo este sábado polo entroido.
O sábado 4 de marzo ás 17:00 realizaranse diversas actividades e xogos no novo Centro Sociocultural de Tenorio, onde haberá inchables aos que os cativos poderán acceder de forma gratuíta.
Además se realizará un concurso de disfraces, no que se premiará a categoría de adultos e a infantil. A todas as persoas que participen recompensaráselles cun chocolate quente para combater o frio.
A Comisión de Festas tamén incluirá no Centro Sociocultural de Tenorio o servizo de bar coas consumicións habituais.
Cubela felicita á Comisión de Festas pola inicitiva de prologar o entroido no municipio e por darlle un novo uso ao Centro Sociocultural.