A Semana Grande de Soutomaior trae á Panorama, Combo Dominicano, América de Vigo e Gran Parada

Soutomaior
16 de xullo 2025

O alcalde Manu Lourenzo presentou o programa desta segunda edición, "a da consolidación da Semana Grande como un evento que chega para quedarse"

El Combo Dominicano El Combo Dominicano

As orquestras Panorama, Combo Dominicano, América de Vigo e Gran Parada serán os pratos fortes desta segunda edición da Semana Grande de Soutomaior, que terá lugar entre os días 1 e 7 de agosto.

O torreiro da Festa da Dez (Candán), a carón do campo municipal de fútbol Graciano Padín, encherase coa música de catro das mellores orquestras do actual mercado galego e estatal.

Ademais, o programa da Semana Grande, que foi presentado este mércores polo alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, inclúe unha ampla variedade de actividades para todos os públicos durante os días que dure a festa, desde concertos de pequeno formato e sesións vermú ata un espectáculo de cociña en directo e un xantar popular que irá con inscrición.

O rexedor, que estivo acompañado polos concelleiros Diego Moreira e Rosana Comesaña, varios cociñeiros do concello e o párroco de Soutomaior, Gabriel Gómez, sinalou que esta segunda edición da Semana Grande "é a da consolidación como un evento que chega para quedarse".

"Trátase dun evento no que se aúna a boa música, a boa gastronomía e, sobre todo, o bo ambiente que hoxe vivimos en Soutomaior", sinalou o alcalde.

Presentación da Semana Grande de Soutomaior

Venres, 1 de agosto

21:00h | Chupinazo coa MEKÁNIKA ROLLING BAND. Casa do Concello
21:15h | Pasarrúas ata a Igrexa do Divino Salvador
23:00h | Concerto 'Demasiadas sombras y pocas luces'. Contorna da Igrexa do Divino Salvador

Sábado, 2 de agosto

22:00h - 23:00h | DISCOMÓBIL ELATION
23:00h - 02:00h | ORQUESTRA AMÉRICA DE VIGO
02:00h - 04:00h | DISCOMÓBIL ELATION

No Torreiro da Festa da Dez, Candán

Domingo, 3 de agosto

11:00h -18:00h | MERCADO. Asociación de empresarios de Arcade e de Soutomaior
12:00h | SESIÓN VERMÚ 'AIRES DA CASTRELADA'
12:30h | COCIÑA EN DIRECTO E DEGUSTACIÓN
13:00h | SESIÓN VERMÚ 'AIRES DA CASTRELADA'
14:15h | XANTAR popular da veciñanza
17:00h | Actuación 'TRIO AZABACHE'

Na Contorna da Igrexa do Divino Salvador de Soutomaior

22:00h - 23:00h | DISCOMÓBIL 'CDC'
23:00h - 02:00h | ORQUESTRA 'PANORAMA'
02:00h - 04:00h | DISCOMÓBIL 'CDC'

Torreiro da Festa da Dez, Candán

Martes, 5 de agosto

20:30h | BANDA DE MÚSICA 'ARTÍSTICA DE ARCADE'

Na contorna da Igrexa de San Salvador

22:00h - 23:55h | DISCOMÓBIL 'DISQUETOKA'
23:55h aprox. | TIRADA DE FOGOS DE ARTIFICIO
00:00h - 03:00h | ORQUESTRA 'COMBO DOMINICANO'
03:00h - 04:00h | DISCOMÓBIL 'DISQUETOKA'

No torreiro da Festa da Dez, Candán

Mércores, 6 de agosto

22:30h - 01:30h | ORQUESTRA 'GRAN PARADA'

No torreiro da Festa da Dez, Candán

Xoves, 7 de agosto

Romaría de San Caetán
13:30 h | Sesión vermú 'Catro ventos'

Ermida de San Caetán, Castelo de Soutomaior

Haberá servizo de autobús lanzadeira que irá desde o Pavillón da Montesiña 'Alfonso Pazos' ata o Torreiro da Festa da Dez (Candán) en horario de 21:30h a 23:30h horas e de 00.00 a 03.00 h. O percorrido do bus será continuo de ida e volta nos horarios indicados.