Os traballadores da fábrica de Cuca en Vilaxoán teñen en marcha unha campaña de recollida de sinaturas que apoien a súa loita en contra do traslado da nave. As firmas van dirixidas directamente á sede central de Conservas Garavilla en Biscaia. A páxina de Change contén un escrito no que se fai referencia aos 80 anos de historia da fábrica na poboación vilagarciana.
Nese documento insístese en que cando hai un ano e medio o grupo vasco Garavilla adquiriu a factoría á familia Pita, o equipo non se imaxinaba que, meses despois, estaría a loitar contra o peche da factoría para trasladar aos traballadores a outra nave no Grove. Dende a iniciativa engádese que recibiu 360 mil euros por parte da Xunta durante os últimos catro anos con parte do financiamento procedente dos fondos europeos.
Polo momento, os traballadores que promoven a iniciativa suman case seiscentas sinaturas e esperan lograr mil.
O enlace para apoiar esta iniciativa para evitar o traslado está aloxado na plataforma Change.org.