As praias de Marín xa teñen aos seus socorristas. Os areais recibiron este luns, coincidiendo co inicio oficial da tempada estival, as personas que traballarán para garantir a seguridade dos bañistas.
A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, achegouse ata a praia de Mogor para darlle a benvida ao persoal de salvamento que formará parte do plantel durante todo o verán.
Este servizo está contratado para os próximos anos a través dunha licitación que se impulsou o pasado ano.
A empresa adxudicataria pon nas praias a catorce socorristas repartidos por Mogor, Portocelo, Aguete, Loira e a praia do Santo, segundo as necesidades de cada unha.
Serán trece auxiliares de información e primeiros auxilios e unha persoa coordinadora.
O seu horario será de luns a domingo, de 12:00 a 20:00 horas, repartidos en quendas.
Ademais, Acuña adiantou que este ano se duplicou o número de desbriladores, o que garante aínda máis a seguridade nas praias.
En total, a concelleira lembrou que neste servizo invístense 725.437 euros.