SOS Sanidade O Grove convoca unha concentración este domingo para reclamar persoal para dúas prazas de Pediatría

O Salnés
17 de novembro 2022

A protesta está prevista para o domingo 20 de novembro ás 12.00 horas diante do Centro de Saúde do Grove. Piden que os asistentes leven un boneco ou un peluche co babeiro simbólico que promove o colectivo Pediatras e Matronas Xa! e que se pode descargar no Facebook da plataforma

Cartel da concentración do domingo 20N no Grove para reclamar pediatras
Cartel da concentración do domingo 20N no Grove para reclamar pediatras

A plataforma SOS Sanidade O Grove sumarase á iniciativa que promove o colectivo Pediatras e Matronas Xa! con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia e convoca unha concentración ás portas do Centro de Saúde ás 12.00 horas deste domingo 20 de novembro.

Desde a organización solicitan aos participantes que porten, do mesmo xeito que na concentración prevista no Centro de Saúde de Baltar en Sanxenxo, un peluche ou un boneco co babero simbólico de Pediatras e Matronas Xa!, que se pode descargar no Facebook da plataforma.

Solicitan á poboación que deixen o boneco na porta e que fagan unha foto para subila ás redes sociais co cancelo #pediatrasematronasxa. Aqueles peluches que non retírense serán posteriormente doados a unha organización caritativa para que os entregue a menores pertencentes a familias con escasos recursos económicos.

Desde SOS Sanidade O Grove lembran a importancia da participación cidadá para reclamar á Consellería de Sanidade a cobertura das dúas prazas de pediatría que corresponden ao centro sanitario do municipio.