Soutomaior vístese de Samaín

Soutomaior
25 de outubro 2024

O comercio local de Soutomaior súmase á celebración de Samaín decorando os seus escaparates con motivos terroríficos e máxicos

Decoración polo Samaín nos comercios de Soutomaior Concello de Soutomaior

A campaña municipal 'Eu Quero Local' segue dando os seus froitos en Soutomaior.

Nesta ocasión, os comercios e negocios do municipio uníronse para celebrar o Samaín, enchendo as rúas de cabazas, pantasmas e outros elementos propios desta festividade.

Con esta iniciativa, o Concello busca non só dinamizar o comercio local, senón tamén crear un ambiente festivo e máxico para disfrute de toda a veciñanza.

Buscan así que as rúas e prazas estean vivas, convertendo Soutomaior nun lugar máxico onde sentir o espíritu desta tradición e, por que non, vivir divertidas e fermosas experiencias.

A concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña, mostrou a súa satisfacción pola participación dos establecementos locais e animou a todos a seguir sumándose ás iniciativas que se poñan en marcha desde o Concello.

Pola súa banda, o alcalde, Manu Lourenzo, destacou a importancia de traballar de forma conxunta cos comerciantes e hostaleiros para construír unha economía local máis sostible e solidaria.

"Só así conseguiremos que o noso municipio creza", asegurou.