Suspendido o Enterro da Sardiña de Marín

Marín
21 de xaneiro 2022

A celebración do Enterro da Sardiña 2022, que tería lugar o mércores 2 de marzo, foi suspendida. Iso si, nos diferentes colexios de Marín ata 12 anos convocarán o II Concurso de Debuxos do Enterro da Sardiña. O prazo de entrega pecha o 25 de febreiro

Enterro da sardiña, en Marín
Enterro da sardiña, en Marín / Diego Torrado

A celebración do Enterro da Sardiña 2022, que tería lugar o mércores 2 de marzo, foi suspendida.

Iso si, nos diferentes colexios de Marín ata 12 anos convocarán o II Concurso de Debuxos do Enterro da Sardiña. O prazo de entrega pecha o 25 de febreiro.

A modo de recordatorio, desde o Ateneo Santa Cecilia explicaron que nas datas previas á celebración colocarán nas principais zonas de Marín anunciando o Enterro e a súa suspensión.  Ademais, solicitarán ao Concello a colocación na zona acristalada do Multiusos dunha Exposición de diferentes elementos do Enterro.

Por outra banda, en relación ao tradicional Concurso de Orellas e Filloas, a organización está estudando a posible realización adoptando tódalas medidas de prevención. No caso de realizarse sería o martes de Entroido, día 1 de marzo e faríase a convocatoria previa coas condicións de participación.