Tarde para coñecer os invertebrados do río Lérez

Pontevedra
06 de xuño 2026

A intención desta iniciativa era mostrar o ecosistema ameazado pola construción dos tramos 2 e 3 da autovía A-57 que atravesaría as parroquias de Bora e Xeve

Xornada de observación e divulgación ambiental no Lérez Plataforma de Afectados por la A-57

A Plataforma de Afectados pola A-57 organizou este sábado unha actividade para reivindicar a riqueza da contorna fluvial do río Lérez.

Fixérono ademais coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente.

A intención desta iniciativa era mostrar o ecosistema ameazado pola construción dos tramos 2 e 3 da autovía que atravesaría as parroquias de Bora e Xeve.

A xornada de observación e divulgación medioambiental nas beiras do Lérez foi guiada por divulgador Antón Lois.

O guía recolleu mostras no ecosistema fluvial e explicou as características da fauna de humidais e canles coa axuda de visores de insectos.

Unhas trinta persoas de todas as idades participaron nesta actividade.

Entre as leccións que aprenderon están que os sapos só están na auga para pór ovos, que os mexillóns de río depositan larvas nos salmónidos para expandirse ou que as libélulas son moi voraces nas súas primeiras etapas nas que carecen de ás.

Xornada de observación e divulgación ambiental no LérezPlataforma de Afectados pola A-57
Antón LoisPlataforma de Afectados pola A-57