O goberno local do Concello de Sanxenxo levará ao leno do 25 de novembro unha nova modificación de crédito por importe de 723.843 euros con cargo ao superávit de 2018.
A modificación presentada polo goberno do alcalde de Telmo Martín destina 400.000 euros para afrontar o sobrecusto derivados dos cambios introducidos no proxecto de reforma da rúa Progreso e 231.000 euros para o soterramento da liña de media tensión na zona do Revel, Vilalonga.
Tamén se inclúe 92.842 euros destinados á segunda amortización extraordinaria de débeda en 2019 xa que o pasado mes de setembro o Concello aprobou unha amortización extraordinaria de 807.796 euros.
A débeda a final de ano quedará en 2.478.218 euros.