O tempo dá un respiro para o colofón da Semana Santa e permite a procesión do Encontro

Pontevedra
20 de abril 2025

Tras suspenderse as citas de Xoves, Venres e Sábado Santo, este domingo si puido celebrarse a procesión do Encontro de Jesús Resucitado coa súa nai a Virxe María, que resultou multitudinaria

Procesión do Encontro de Xesús Resucitado coa súa nai a Virxe María
Procesión do Encontro de Xesús Resucitado coa súa nai a Virxe María / PontevedraViva

A choiva dos últimos días obrigou a suspender as procesións previstas para o xoves, o venres e o sábado en Pontevedra. Tras augarse as citas desas tres xornadas, este domingo, finalmente, o tempo deu unha tregua para a recta final da Semana Santa na cidade.

Ás nove da noite, as imaxes da nosa Señora do Amor Fermoso e a imaxe de Xesús Resucitado e as figuras de San Xoán e María Magdalena déronse cita na Praza da Ferrería.

Era o colofón a unha procesión que este ano foi, se cabe, máis esperada que nunca e que resultou multitudinaria, animada polo bo tempo de última hora da tarde e polas ganas de actos litúrxicos ao aire libre tras tres días de suspensións.

Unha hora antes, todos saían de forma simultánea da Igrexa de San José e da basílica de Santa María e aos poucos foron alcanzando o punto de encontro.

A imaxe da nosa Señora do Amor Fermoso, acompañada pola súa Confraría e representacións, partiu de San José, pasando pola Praza da Constitución, Praza de Galicia, Andrés Muruais, Peregrina até A Ferrería.

A imaxe de Xesús Resucitado e as figuras de San Xoán e María Magdalena, xunto coa Confraría da Maior Dor, sumáronse á procesión desde Santa María e percorreron a avenida de Santa María, Mestre Mateo, Praza de España e Michelena para confluír tamén na Ferrería.

Tras o agardado encontro de todas as imaxes, chegou o momento do sermón e interpretación de motetes, elementos que agregaron profundidade espiritual e cultural ao evento.

Unha vez concluído este acto central, unificáronse todas as imaxes e participantes nunha soa procesión. O momento máis agardado, cando a Virxe María e Xesús se atopan tras o sermón, estivo cargado de emoción e espertou aplausos entre os presentes.

A continuación, encararon o regreso á parroquia de San José.