Todo apunta ás "malas condicións" do mar como causa do naufraxio do Villa de Pitanxo

Marín
16 de febreiro 2022

Ao mesmo tempo que continúan os labores de procura dos desaparecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo, as autoridades comezaron a investigar que puido ocorrer para que este barco afundise nas augas de Terranova (Canadá)

Reunión co Goberno, casa armadora e os alcaldes de Marín, Bueu, Cangas e Moaña
Reunión co Goberno, casa armadora e os alcaldes de Marín, Bueu, Cangas e Moaña / Mónica Patxot

Ao mesmo tempo que continúan os labores de procura dos desaparecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo, as autoridades comezaron a investigar que puido ocorrer para que este barco afundise nas augas de Terranova (Canadá).

Por agora, todo son hipóteses. A falta de coñecer a versión que ofrezan os tres sobreviventes e, pendentes de que se poida recuperar a caixa azul do barco, todo apunta que as "malas condicións" nas que se atopaba o mar puido provocar esta traxedia marítima.

O presidente da Xunta, tras participar nun 'gabinete de crise' que se reuniu na sede da Autoridade Portuaria de Marín, lembrou que o Villa de Pitanxo é "un gran barco" que acabou afundíndose nas xélidas augas de Terranova.

As condicións que tivo que atravesar o arrastreiro galego debían ser "absolutamente adversas", segundo Alberto Núñez Feijóo, que engadiu que tripulación é "gente profesional que sabía navegar" e que son "buenos patrones y excelentes marineros".

"Tuvo que ser una situación de mar muy complicada", reiterou o presidente galego.

Feijóo destacou ademais que desde 1978 Galicia "no había tenido un siniestro en el mar como este" e, aínda que recoñeceu que o consolo "es imposible" para as familias, quixo reiterar a súa "solidariedad" con eles e cásaa armadora.

"Son sus familiares, sus compañeros o sus trabajadores y todos ellos están destrozados como se pueden imaginar", afirmou o presidente.

O Villa de Pitanxo, un arrastreiro conxelador construído en 2004 no desaparecido estaleiro vigués M. Cíes por encargo do armador Manuel Nores e dedicado á captura de fletán negro, levaba 24 tripulantes a bordo.

Deles, dez faleceron, tres foron rescatados con vida e once continúan desaparecidos.

Das 24 persoas que traballaban no pesqueiro no momento do afundimento, 16 teñen nacionalidade española, cinco son peruanos e tres ganeses, de acordo aos datos oficiais. 

RETÓMASE A PROCURA

Desde o centro de coordinación de rescate con base en Halifax (Canadá), informaron que as tarefas de procura dos mariñeiros desaparecidos continuará este mércores a pesar das adversas condicións meteorolóxicas.

Na zona de rastrexo hai ondas duns dez metros de altura, con ventos de ata 85 quilómetros por hora e unha visibilidade de seis quilómetros, o que dificulta o operativo de rescate.