Tradición e profesionalización, eixos da nova edición da Festa do Viño de Vilaboa

Vilaboa
10 de maio 2025

O alcalde agradeceu aos colleiteiros que manteñan "o nobre arte de facer o viño de xeito tradicional" e aos adegueiros "que tiveran a valentía de dar o paso cara a profesionalización do sector"

Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa / Cristina Saiz

A XII Festa do Viño está a supoñer esta fin de semana unha dobre homenaxe en Vilaboa, á tradición que manteñen os colleiteiros e á profesionalización que encaran os caldos da IXP Ribeiras do Morrazo. 

O alcalde, César Poza, inaugurou a festa este sábado acompañado no palco por Elisa Ruibal García de 'Casa da Boullosa; Manuel Collazo Fernández; Jesús Amoedo Leiro de 'Casa da Torre; Martín Torres González  de 'Casa Cañoteira'; Nilda Alvariña; e representantes de Furancho Antonio, Furancho de Jorge, Adega Ardán (Marín)' 'Adega Os Areeiros' e Bodegas Costas de Exportación.

En compañía de persoas fundamentais no sector no municipio, aproveitou a ocasión para agradecer aos colleiteiros que manteñan "o nobre arte de facer o viño de xeito tradicional" e aos adegueiros "que tiveran a valentía de dar o paso cara a profesionalización do sector"

Poza tamén insistiu en que esta festa rinde tributo ao traballo do sector vitivinícola, que ten un peso destacado na economía local con máis de 400.000 metros cadrados de viñedo no municipio.

Na xornada deste sábado abriron as casetas de degustación e tamén se realizou a VI Cata Profesional das adegas da IXP Ribeiras do Morrazo en Riomaior

Un xurado formado por profesionais do sector do viño é o responsable de evaluar a calidade dos caldos. Terán que escoller o mellor branco e mellor tinto en cada unha das dúas categorías á que cada adega e cada colleiteiro presentou unha botella do seu mellor viño.

A cata está coordinada por José Manuel Fernández Castro, do Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Consellería de Medio Rural, a quen o Concello de Vilaboa agradece a súa colaboración continuada na organización deste evento, no que actuará este ano como fedatario.

Os gañadores coñeceranse este domingo, na entrega dos recoñecementos prevista para as 13.30 horas na carpa instalada en Riomaior.

Será xusto antes do pregón que nesta edición corre a cargo de Xan Lorenzo, natural de Paredes e coñecido humorista da TVG.

Nos stands descorcháronse as primeiras botellas de viño da mañán para TastEspai, un colectivo de Mallorca que se desprazou exclusivamente ás Rías Baixas para ampliar as súas experiencias e coñecementos gastronómicos en torno a uns viños con moita personalidade.

A festa tamén ten moi presente a cultura e a artesanía. As palilleiras de Figueirido amosan a súa arte e os traballos. Palillos, fíos, agullas, mundillos, moita destreza, creatividade, paciencia e concentración facilita que estas mulleres de Vilaboa capten co seu bo facer a atención de quen se achegue ao recinto da festa. Xunto a elas está Laura Filgueira con ERRE3; Carmen Castro con Cachiboreta e Obradoiro Hedra.

Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa
Festa do Viño 2025 en Vilaboa