Tráfico sorprende un mozo en patinete eléctrico circulando por vía interurbana e que deu positivo en drogas

Vilaboa
15 de abril 2021

O mozo explicou que adquirira o patinete para desprazarse ao traballo, xa que ten o permiso de conducir retirado

Control da Garda Civil de Tráfico Guardia Civil de Tráfico

Unha patrulla da Garda Civil do Destacamento de Tráfico de Vilaboa que realizaba control na estrada PO-551 sorprendeu a un mozo en patinete eléctrico circulando por esa vía interurbana.

Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, os axentes deron o alto a este mozo de 26 anos, veciño de Moaña, cando circulaba sobre as 16:20 horas deste mércores á altura de Tirán, en Vilaboa. O mozo explicou que adquirira o patinete para desprazarse ao traballo, xa que ten o permiso de conducir retirado.

Tras ser identificado, ao obxecto de ser denunciado por circular por unha vía interurbana nun Vehículo de Movilidad Persoal sen causa xustificada, realizóuselle a proba de alcol e drogas, dando positivo indiciario nesta última, que de ser confirmado supón unha sanción de mil euros, así como unha perda de 6 puntos no seu permiso de condución.

Agora Tráfico procederá á inmobilización e depósito do patinete.

Desde a Garda Civil de Tráfico lembran que este tipo de vehículos non poden circular polas vías interurbanas, travesías, autoestradas e autovías que transcorran por poboacións, así como tampouco por túneles urbanos, beirarrúas e zonas peonís (salvo se está regulado polos Concellos e sempre a paso de persoa).

Os condutores destes patíns deben cumprir as normas de circulación como o resto de vehículos, polo que poderán ser sometidos á proba de alcol e drogas e non poderán facer uso de auriculares nin teléfono móbil.