No caso de Pontevedra, as probas da PAU están a realizarse na Escola de Enxeñaría Forestal e nas facultades de Comunicación e Ciencias da Educación e do Deporte do campus universitario
Probas da PAU, a nova selectividade, no campus de Pontevedra
A nova proba de acceso á universidade xa está en marcha. Un total de 1.286 alumnos e alumnas, procedentes de catorce concellos da área de Pontevedra, estrearon a nova modalidade de exames nas diferentes facultades do campus universitario da Xunqueira.
A PAU, que é o nome que recibe a partir de agora a antiga selectividade, estenderase ata o xoves. E xa desde o primeiro día apareceron os nervios dos estudantes, moito máis neste ano de transformación cara un modelo de exame máis competencial e homoxéneo en todo o país.
No caso de Pontevedra, as probas están a realizarse na Escola de Enxeñaría Forestal e nas facultades de Comunicación e Ciencias da Educación e do Deporte.
A xornada comezou co exame de lingua castelá, común para todas e todos, no que o comentario de texto xirou arredor dun artigo de Rosa Montero sobre a traxedia migratoria dos caiucos publicado en El País.
O resto das preguntas, xa con varias opcións, comprenderon contidos de gramática e de literatura, con exercicios sobre fragmentos de obras de Gabriel García Márquez, Federico García Lorca, Valle-Inclán ou Almudena Grandes.
Probas da PAU, a nova selectividade, no campus de PontevedraMónica Patxot
Os exames matinais completáronse, despois dun descanso, con historia de España ou historia da filosofía, segundo o caso.
Da primeira, a pregunta competencial foi arredor do reinado de Felipe II, mentres que como tema para desenvolver o alumnado tivo que demostrar os seus coñecementos no turnismo da rexencia de María Cristina, as desamortizacións ouPrimo de Rivera.
Hume ou Simone de Beauvoir foron, pola súa banda, os autores sobre os que tiveron que contestar os estudantes que optaron pola proba de historia da filosofía.
O catedrático Iván Area, delegado da Universidade de Vigo na Comisión Interuniversitaria de Galicia, puxo de relevo en Pontevedra o "carácter competencial" do novo modelo.
Remarcou que se pasou dun modelo con dúas opcións de exame en cada materia ou das probas con "moita optatividade" implantadas en 2020 a raíz da pandemia, a un exame único, cunha primeira pregunta común e outras nas que se mantén "certa elección".
A principal novidade é que, polo menos, un 25% das preguntas son de carácter competencial, é dicir, similar ao bacharelato cursado polo alumnado. Ademais, para cada exercicio deben existir uns criterios obxectivos de corrección e cualificación aprobados e publicados polas comisións.
Estes criterios contan cunha base común xa que a coherencia, a cohesión, a corrección gramatical, léxica e ortográfica dos textos contarán como mínimo o 10% da nota de cada exame.
1/32
Probas da PAU, a nova selectividade, no campus de Pontevedra
Mónica Patxot
2/32

3/32

4/32

5/32

6/32

7/32

8/32

9/32

10/32

11/32

12/32

13/32

14/32

15/32

16/32

17/32

18/32

19/32

20/32

21/32

22/32

23/32

24/32

25/32

26/32

27/32

28/32

29/32

30/32

31/32

32/32