Tres altas e tres contaxios por coronavirus nas últimas 24 horas na área sanitaria

Pontevedra
06 de xuño 2020

Este sábado 6 de xuño hai 16 casos activos, os mesmos que o venres, e todos evolucionan nos seus domicilios, onde reciben seguimento por un equipo sanitario. Desde o inicio do plan de continxencia da  COVID-19 curáronse 881 pacientes nesta área sanitaria

Servizo de Urxencias do Hospital Montecelo durante la crisis sanitaria do coronavirus
Servizo de Urxencias do Hospital Montecelo durante la crisis sanitaria do coronavirus / Mónica Patxot

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistrou nas últimas 24 horas o mesmo número de altas que de  contaxios por coronavirus, tres, de modo que a cifra de casos activos continúa como este venres. En total, este sábado 6 de xuño hai 16 pacientes positivos.

Segundo o último balance oficial facilitado polo Servizo Galego de Saúde, todos os casos activos de coronavirus da área sanitaria evolucionan nos seus domicilios, onde reciben seguimento por un equipo sanitario. A área sanitaria continúa, por tanto, sen pacientes con coronavirus hospitalizados en planta ou no área de coidados críticos. 

Desde o inicio do plan de continxencia da COVID-19 curáronse 881 pacientes nesta área sanitaria, fronte aos 878 do venres, e faleceron 16 pacientes.

A última actualización de datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade recolle que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 542, deles 124 son da área da Coruña, 33 da de Lugo, 49 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 196 da área de Vigo, 110 da de Santiago, e 14 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, un permanece en UCI, 26 están en unidades de hospitalización e 515 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 10.221 persoas curadas e rexistráronse 618 falecementos.

O número de  PCR realizadas é de 149.242 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,1% do total das persoas residentes.  En toda Galicia hai 28 usuarios e 20 profesionais de centros residenciais contaxiados e rexistráronse 132 falecementos en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.  

A Consellería de  Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran extremar a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrir o nariz e a boca cun pano -preferentemente  de usar e tirar- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, recoméndase evitar tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.