Un novo corazón para os municipios da ría

Pontevedra
11 de outubro 2014

A vella estación de Monte Porreiro ampliou a súa capacidade, foi dotada dun novo corazón para poder seguir abastecendo con eficacia durante os próximos 30 anos a toda a cidade e aos demais municipios da ría

Obras de construcción da nova estación de bombeo PontevedraViva

A posta en marcha do novo sistema de bombeo, prevista para a próxima semana, permitirá levar a auga a unha cota superior.

A vella estación de Monte Porreiro ampliou a súa capacidade.  Foi dotada dun novo corazón para poder seguir abastecendo con eficacia durante os próximos 30 anos a toda a cidade e aos demais municipios da ría.

Para iso foi necesario construír un edificio novo e instalar novos equipos así como unha nova canle de toma. O caudal dos bombeos ampliados é de 600-2.120 metros cúbicos á hora. Para iso dotouse ao edificio de bombas centrífugas horizontais e verticais e unha "vertical multietapa".

Esta actuación forma parte do proxecto de mellora do abastecemento de auga a Pontevedra e a súa Ría, no que se está a investir un total de 39,9 millóns de euros.

Cando finalicen as obras terase mellorado a cantidade e calidade da auga que chega á poboación das localidades beneficiadas, conseguirase un importante aforro enerxético e evitarase o risco de desabastecemento polas puntas de demanda orixinadas ante o incremento de poboación dos núcleos turísticos.