Un novo positivo e un paciente curado máis, balance do coronavirus na área sanitaria

Pontevedra
20 de xullo 2020

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantense nos nove casos activos de coronavirus este luns 20 de xullo, o mesmo número que o domingo, pero nas últimas 24 horas contabilizouse un positivo máis, que se compensou cun paciente curado. Desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19 curáronse 902 pacientes 

Servizo de Urxencias do Hospital Montecelo durante la crisis sanitaria do coronavirus Mónica Patxot

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantense nos nove casos activos de coronavirus este luns 20 de xullo, o mesmo número que o domingo, pero nas últimas 24 horas contabilizouse un positivo máis, que se compensou cun paciente curado. 

Así, desde o inicio do plan de continxencia da  Covid-19 curáronse 902 pacientes, un máis desde este domingo, segundo a información facilitada polo  Servizo  Galego de  Saúde.

No caso dos pacientes con positivo, continúan en nove por esa curación e todos están en seguimento domiciliario, illados e coa súa evolución baixo vixilancia dos profesionais sanitarios. 

A área sanitaria continúa libre de Covid-19 nos seus hospitais, pois este domingo 19 de xullo non ten ningún paciente con coronavirus hospitalizado en planta nin en área de coidados críticos nin no  Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, nin no Hospital  do Salnés nin no  QuirónSalud Miguel Domínguez.

  A nivel autonómico, a Dirección  Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 202, cinco menos que os 207 contabilizados o domingo. Deles, 27 son da área da Coruña, 136 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 17 da área de Vigo, 8 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 195 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Por agora, en Galicia hai un total de 11.082 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de  PCR realizadas é de 234.266 e tan só hai un caso activo de coronavirus en centros residenciais de servizos sociais de Galicia. Dos 202 casos positivos na comunidade, un é un profesional dun centro residencial. Do total de falecidos ata o de agora, 132 contabilizáronse en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten ao dispor da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.