No 2012, hai oito anos, caducou o carné de conducir dun home de 87 anos que foi identificado pola Policía Local de Poio por provocar un accidente sen feridos en San Salvador.
O accidente rexistrouse esta mañá nas inmediacións do Pazo Besada, segundo informa a Policía Local.
O octoxenario saltou un stop e causou o sinistro.
A Policía Local vaino propoñer para unha revisión extraordinaria, ante a sospeita de que poida ter as aptitudes psicofísicas mermadas e, polo tanto, que non tería capacidade para conducir.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.