Un sábado "a pé de rúa" en Barcelos e San Antoniño

Pontevedra
06 de maio 2018

Centos de persoas pasaron ao longo de todo o día por ambas as zonas para gozar dunha xornada repleta de música en directo, talleres para nenos, teatro ou clases de danza urbana

Actividades de "A pé de rúa" na praza de Barcelos

As actividades do programa A pé de rúa, unha iniciativa enmarcada dentro da marca Pontevedra Capital Shopping, chegaron este sábado á rúa San Antoniño e á Praza de Barcelos.

Centos de persoas pasaron ao longo de todo o día por ambas as zonas para gozar dunha xornada repleta de música en directo, talleres para nenos, teatro ou clases de danza urbana.

A pé de rúa arrancou ás doce da mañá cunha exhibición de body jump a cargo do ximnasio Gimsport e un taller de horticultura creativa na praza de Barcelos.

Un dos eventos que máis público atraeu foi o festival do Estudo Bonobo, celebrado a media tarde, no que grupos infantís que se forman nestas instalacións subiron ao escenario para demostrar o seu dotes musicais.

En Barcelos, a diferentes horarios, tamén soou a música de Fondo Norte e Grima; mentres que outras actividades foron unha exhibición de danza urbana e un taller de bebidas saudables.

Ademais, en San Antoniño realizáronse varias performance durante todo o día, houbo un obradoiro de ilustración e animación pola rúa a cargo de Catro Quintos.