Un total de 56 novos positivos de covid-19 en 613 PCR realizadas na área sanitaria en 24 horas

Pontevedra
30 de novembro 2020

A área sanitaria ten este luns 1.156 casos activos tras confirmar 56 novos positivos en 24 horas. Curáronse 36 pacientes, de modo que en total hai 20 casos activos máis que o domingo. Preocupa a presión hospitalaria, pois hai cinco pacientes máis nos hospitais a pesar de que tamén faleceron dúas persoas que estaban ingresadas 

Evolución da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés a data 30 de novembro Sergas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ten este luns 1.156 casos activos de covid-19 tras confirmar 56 novos positivos en 24 horas en probas  PCR. En concreto, realizáronse 613 probas, de modo que a porcentaxe de positivos é superior ao 8% dos pacientes  testados.

Segundo o último balance oficial realizado, nestas últimas 24 horas curaron 36 pacientes, de modo que en total hai 20 casos activos máis que o domingo. 

Ademais da cantidade de casos activos, preocupa a presión hospitalaria, pois este luns hai cinco pacientes máis nos hospitais a pesar de que tamén faleceron dúas persoas que estaban ingresadas. En total, por tanto, hai sete pacientes máis en estado grave.

Este luns hai 1.094 pacientes en seguimento domiciliario e 62 hospitalizados, dos que oito están na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, dous máis que o domingo.

Os outros 54 están ingresados en planta, tres máis que o domingo. Son 44 en planta de hospitalización e o  Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 5 no Hospital  QuirónSalud Miguel Domínguez Pontevedra e 5 no Hospital  do Salnés.

Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 curáronse 4.256 pacientes e faleceron 55, os dous últimos o domingo en Montecelo. Trátase de dous homes de 84 e 89 anos o maior deles procedente dá residencia Pontevedra de Vilaboa. Ambos tiñan patoloxías previas.

En canto a realización de  PCR’ s, as 613 realizadas nas últimas 24 horas elevan a 90.157 as xa efectuadas desde o inicio da pandemia.

Segundo o último balance oficial, en toda Galicia hai este luns 7.806 pacientes coa infección activa, 98 menos que o domingo. Nas últimas 24 horas confirmáronse 238 novos casos en probas  PCR.

Si se notaron cambios na presión asistencial no conxunto de Galicia. Os pacientes hospitalizados en planta pasaron de 388 a 406 en 24 horas e os ingresados en unidades de coidados intensivos baixaron de 81 a 78. Ata o momento, curáronse 43.193 persoas en Galicia e faleceron 1.205. 

Os servizos médicos galegos realizaron desde o inicio da pandemia 900.062 probas  PCR e 422.623 probas  serológicas.