Unha mañá de paseo ata o Foxo do Lobo

Cerdedo Cotobade
02 de outubro 2016

Participaron máis de medio cento de persoas, entre eles bastantes cativos, procedentes de Cotobade e doutros puntos da provincia como Marín, Arcade, Vigo e Pontevedra.O traxecto, duns 3 quilómetros, durou aproximadamente 90 minutos e, chegados ao foxo, o etnógrafo Xosé Manuel González Reboredo explicou o funcionamento destas trampas para cánidos e a figura do lobo na cultura popular galega

Roteiro do Foxo de Lobo Concello de Cotobade

Na mañá deste domingo desenrolouse en Cotobade o roteiro do "Foxo do Lobo", incluído nas xornadas "Cuspedriños10".

Participaron máis de medio cento de persoas, entre eles bastantes cativos, procedentes de Cotobade e doutros puntos da provincia como Marín, Arcade, Vigo e Pontevedra.

O traxecto, duns 3 quilómetros, durou aproximadamente 90 minutos e, chegados ao foxo, o etnógrafo Xosé Manuel González Reboredo explicou o funcionamento destas trampas para cánidos e a figura do lobo na cultura popular galega.

O roteiro estivo dirixido polo profesor Fuco Sanjiao, da Fundación Antonio Fraguas, e no mesmo tamén participaron os concelleiros Fernando Vázquez e Bruno Portela.

O "Foxo do lobo" era una trampa da época medieval cara a onde eran dirixidos estes animais mediante unha batida con ruído e lume para que caesen ao pozo na súa fuxida.