Unha manifestación reclama en Cuntis o servizo de Pediatría

Umia
06 de decembro 2018

A marcha arrancou no centro de saúde e desembocou baixo carpa onde uns nenos leron un manifesto no que denunciaron que o Sergas lles está privando " dun  servizo básico"

Manifestación en Cuntis para reclamar o servizo de Pediatría
Manifestación en Cuntis para reclamar o servizo de Pediatría / Concello de Cuntis

Cuntis saíu á rúa este mércores para reclamar á Xunta que non suprima o servizo de Pediatría do centro de saúde do municipio.

A mobilización, co alcalde Manuel Campos á fronte, contou cos apoios de toda a corporación local e dos representantes dos grupos do BNG e o PSdeG de Moraña.

A marcha arrancou no centro de saúde e desembocou baixo carpa onde uns nenos leron un manifesto no que denunciaron que o Sergas lles está privando "dun servizo básico".

O escrito, que se acompaña nunha imaxe, foi redactado polos propios nenos e dí así:

"Estamos cansados de que, por ser rapaces, estemos en segundo plano. De que por ser cativos e dunha pequena vila non poidamos disponer dun servizo necesario como é a Pediatría.

Moita xente non o ve, pero como nenos e nenas somos os máis prexudicados pola falta deste servizo. Un dereito que antes tiñamos, e do que agora nos queren privar.

Repetiremos e esixiremos todas as veces que faga falta para recuperar o que nos corresponde.

Para evitar que nun futuro os rapaces pasen o que nós estamos a pasar.

Que nos traigan pediatra non é necesario, é obrigatorio.

Queremos facer un chamamento aos organismos e as persoas que sexa necesario para solucionar este problema.

Seremos pequenas e pequenos pero temos coz para esixir o noso."