Unha nova avaría deixa sen luz a 850 casas de Mourente, Marcón e Tomeza

Pontevedra
06 de outubro 2019

A incidencia rexistrouse ás 18.43 horas deste domingo e quedou resolta ás 19.26 horas, isto é, 43 minutos despois. Os clientes afectados puxéronse en contacto coa compañía distribuidora, que lles explicou que a orixe da incidencia era unha avaría localizada na parroquia de Mourente

Área afectada pola incidencia
Área afectada pola incidencia

Unha nova avaría na rede de subministración eléctrica afectou este domingo a total de 850 clientes de  Naturgy das parroquias pontevedresas de Marcón, Mourente e Tomeza, que estiveron sen luz durante 45 minutos.  

Segundo a información recollida por Unión Fenosa Distribución, a incidencia rexistrouse ás 18.43 horas deste domingo e quedou resolta ás 19.26 horas, isto é, o apagon solucionouse 43 minutos despois. 

Os clientes afectados polo corte de luz puxéronse en contacto coa compañía distribuidora, que lles explicou que a orixe da incidencia era unha avaría localizada na parroquia de Mourente, segundo puido saber PontevedraViva

Esta avaría súmase ás rexistradas nas últimas semanas en diversos puntos do termo municipal de Pontevedra, que se cebaron de forma especial co centro histórico, pero tamén deixaron problemas de subministración en varias parroquias, como Campañó, xerando unha indignación crecente entre a poboación.