Unha sentenza anula a cláusula solo porque o banco non informou o particular

Pontevedra
10 de febreiro 2015

A Audiencia Provincial de Pontevedra anulou a cláusula solo ao entender que o banco ten obriga de informar o comprador aínda que non interveña formalmente na venda

Audiencia Provincial de Pontevedra Mónica Patxot

A Audiencia Provincial de Pontevedra anulou a cláusula solo dun particular ao entender que o banco ten obriga de informar o comprador aínda que non interveña formalmente na venda.

A devandita cláusula estaba incluída nun préstamo hipotecario entre unha entidade financeira e o promotor dun edificio na rúa Alcalde García Filgueira, en Pontevedra, no que se subrogara un particular ao comprar unha das vivendas ao promotor.

Segundo informou este luns o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), a Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, especializada en materia mercantil, declarou abusiva e, polo tanto, nula esta cláusula solo incorporada nun contrato de préstamo do ano 2007.

Unha vez finalizada a obra, subrogouse o comprador ao adquirir unha das vivendas do inmoble, sen que a prestamista interviñese nesta última operación. Na sentenza, da que foi relator o maxistrado Manuel Almenar, fállase contra Caixa España (hoxe Banco Ceiss) e dáse a razón ao particular afectado.