Unha tenda efémera para deseñadores galegos, nova aposta de Sétima Feira

Pontevedra
02 de agosto 2016

Durante dous meses, dez creadores galegos poderán vender os seus produtos nun local habilitado detrás da Casa Consistorial, na rúa Alhóndiga

Olalla Osorio, Anabel Gulías e Lola Dopico PontevedraViva

A Sétima Feira seguirá tendo presenza na cidade durante o verán, pero non no seu emprazamento habitual do Mercado de Abastos.

Varias das firmas que pasaron por estas xornadas uníronse, xunto a outros xóvenes creadores galegos, para abrir unha tenda efémera na cidade.

Durante dous meses dez deseñadores e creadores poderán vender os seus produtos nun local habilitado detrás da Casa Consistorial, na rúa Alhóndiga.

"O obxectivo e a promoción do deseño galego e que eles teñan unha saída comercial", sinalou a concelleira de Promoción, Anabel Gulías, que presentou esta iniciativa acompañada da directora da Escola de Deseño e Moda de Galicia, Lola Dopico, e unha das creadoras, Olalla Osorio.

A tenda abrirá as súas portas o vindeiro xoves 4 de agosto e contará cun horario de apertura, de luns a sábado, de 12:00 a 15:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas. Nela poderán atoparse produtos de: Black Whale Proyect, Super Villano, León La gata, Doppiache, Xiro, Trigo Po, Green Wal Garden, Albi Castillo, Tom & Boy e Wood Proyects.

Arquivado en