Preto de cincuenta usuarios da Fundación Lar realizaron este martes unha visita guiada pola cidade de Pontevedra.
Esta actividade, que está enmarcada no programa provincial +Convivencia, incluiu un encontro co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, que acudiu acompañado polos deputados Sandra Bastos e Javier Tourís.
O mandatario provincial agradeceu o encontro, conversou cos visitantes e puxo en valor o labor dunha entidade, con sede en Vilagarcía, que traballa polo benestar das persoas que sofren algún tipo de trastorno mental ou de conducta.
A Fundación Lar promove actividades dirixidas á integración, así como a creación de programas residenciais: pisos protexidos, mini-residencias e outras estruturas intermedias, que potencian actividades de terapia ocupacional, formación e atención especializada a adolescentes con problemática psiquiátrica.