Persoas voluntarias da asociación Vaipolorio fixeron este sábado practicable o sendeiro polo río Gafos que comunica a Rúa Otero Pedrayo coa Avenida Josefina Arruti.
É un camiño duns 150 metros que pasa pola "xoia patrimonial" da Ponte do Couto.
Para isto tiveron que rozar este novo tramo de sendeiro cun ancho aproximado de metro e medio e retirar logo todo o lixo.
Agora Vaipolorío convida a toda a veciñanza "a camiñar e descubrir este espazo de dominio público".
Compre ter presente que neste enclave, ata hai ano e medio, houbo un asentamiento chabolista.
Lembran tamén que está pendente que o Concello de Pontevedra retire as árbores caídas sobre o leito do río e mellore a rede de saneamento que discorre pola outra marxe do sendeiro.
Dende Vaipolorío non deixan de sorprenderse con algunhas das cousas que se atopa no Gafos, neste caso foi o método que estase utilizando no Concello para que as tapas dos sumidoiros non boten fóra as augas fecais "unha pletina de 80 x 40 x 1 centímetros amarrada con dous parafusos".
"Non perdamos a capacidade de asombro! Que siga o enterro!", din con retranca dende o colectivo ecoloxista.
