Velaquí a placa para homenaxear a xente do mar no paseo da dársena

Marín
12 de xuño 2026

O elemento conmemorativo sitúase no parterre central do espazo portuario cun deseño elaborado en colaboración co Museo do Mar

Placa en memoria da persoas que dedicaron a vida ao mar en Marín

A contorna da dársena portuaria situada xunto ao Paseo Alcalde Blanco conta cun novo elemento patrimonial.

A empresa encargada de executar as obras de humanización nesta zona do porto iniciou as tarefas para colocar a placa de homenaxe aos profesionais do sector pesqueiro, cuxo traballo na frota marcou a actividade do municipio.

O deseño e as características desta peza foron acordados entre o Concello de Marín e a Asociación Museo do Mar de Marín.

Representantes do colectivo cultural participaron na elección do lugar definitivo para a súa instalación, optando polo parterre axardinado central que se atopa nese espazo público. Coa colocación neste punto, o elemento integrase coa paisaxe marítima da propia ría.

A inscrición gravada no monumento recolle unha dedicatoria explícita ás diferentes ocupacións vencelladas co ámbito mariño na vila.

O texto escrito recolle estas palabras: “Na honra dos homes e mulleres que adicaron a súa vida ao mar. Dos que a sacrificaron lonxe do fogar. Das que cosían redes en terra, carrexaban nas lonxas e atendían dos fillos e fillas. Dos que deixaron a vida nos naufraxios. De todas as persoas que co seu traballo construíron o Marín que somos”.

A composición visual complétase coa reprodución dunha imaxe antiga na que aparecen representadas varias barcas. Esta fotografía histórica procede directamente dos fondos documentais e arquivos integrados no Museo do Mar de Marín.