O primeiro premio da Lotaría do Neno foi para o número 06703 dotado con 2 millóns de euros á serie, é dicir, 200.000 euros ao décimo agraciado.
Estivo moi repartido e unha parte vendeuse en dous lugares de Marín (Rúa da Ponte 6 e Doutor Otero Ulloa 106, en Seixo).
A de Tica e o Bar Timonel repartiron a fortuna. A administración de loterías número 1 de Marín ten máis de medio século de historia. É coñecida na vila como "a de Tica" en honra á muller que a rexentou durante 36 anos, sendo a máis antiga das cinco administracións que hai no municipio. En 2023 vendeu un décimo do Gordo da Lotería e en agosto de 2021, o Euromillón deixou un premio dun millón de euros na localidade.
Nesta ocasión esta administración de lotaría de Marín informa que se repartiron cen décimos, cada un de eles agraciado con 200.000 euros.
O bar Timonel, situado na parroquia de Seixo, é tamén Punto de recepción de Loterías e Apostas do Estado e selado de quinielas. Allí vendeuse un décimo a través de terminal de máquina.
Ademáis, o número do primeiro premio da Lotaría do Neno tamén se vendeu, entre outros sitios, no Porriño e en puntos de Galicia como Ourense, Zas, As Pontes e Monforte de Lemos.
O Sorteo Extraordinario da Lotaría do Neno 2026 repartiu este martes un total de 770 millóns de euros en premios, o primeiro deles dotado con 2 millóns de euros á serie, é dicir, 200.000 euros ao décimo agraciado.
No Porriño tamén se vendeu parcialmente o segundo premio, o número 45875. Vendéronse 320 décimos que na súa maioría foron para a o Anpa dun colexio que o repartiu en participacións para recadar fondos para a excursión de fin de curso. Dotado con 750.000 euros por serie (75.000 euros ao décimo), repartiu sorte na administración número catro do Porriño, coñecida como O X da Sorte.
O terceiro premio foi para o número 32615, vendido en Burgos e en Granada. Repártense 250.000 euros á serie. Os premios para terminacións de catro cifras, con 3.500 euros para cada décimo: 3682 e 1829.
O Sorteo da Lotaría do Neno 2026 repartiu un total de 770 millóns de euros en premios, consolidándose como o segundo sorteo máis importante do ano tras o de Nadal.
Segundo informou Lotarías e Apostas do Estado, cada galego gastou de media 19,67 euros na compra de décimos para este Sorteo Extraordinario da Lotaría do Neno 2026, 90 céntimos máis que a media de todos os españois, que se sitúa en 18,77 euros por persoa.
Desta maneira, os españois gastarán 0,57 euros máis que o ano anterior, cando estaba fixada en 18,20 euros segundo a cifra de consignación por habitante proporcionada por Lotarías.