O Bottlenose Dophin Research Institute (BDRI), que ten base no Grove, localizou un terceiro exemplar de balea azul. Nesta ocasión foi en mar aberto, fronte á ría de Arousa. É a terceira balea de grandes dimensións, arredor de 25 metros de lonxitude, que atopan en apenas un mes.
Durante unha xornada de traballo nas últimas horas, os investigadores avistaban este novo exemplar de Balaenoptera musculus. Anteriormente nas últimas tres semanas atoparan unha balea na boca da ría de Muros e Noia e outra a unhas dez millas da illa de Ons.
Acompañando a esta balea azul nadaban outras cinco baleas comúns (Balaenoptera physalus) e preto dun centenar de golfiños comúns e toniñas, segundo explica o BDRI