VÍDEO.- Os 'superheroes' do Provincial contra o coronavirus

Pontevedra
20 de abril 2020

Coma se se tratara dunha película protagonizada polos heroes cinematográficos de Marvel, o servizo de Urxencias do Provincial mostra como resisten á invasión do coronavirus, "sempre dispostos a axudar" aos que foron contaxiados

O persoal de Urxencias do Provincial únese contra o coronavirus Servizo Galego de Saúde

A loita diaria do persoal sanitario contra a COVID-19 fai que, en moitas ocasións, o seu traballo sexa obra de auténticos superheroes. Con ese espírito, os traballadores do Hospital Provincial gravaron un divertido vídeo para mostrar a súa actividade diaria contra o virus.

Coma se se tratara dunha película protagonizada polos heroes cinematográficos de Marvel, o servizo de Urxencias do Provincial mostra como resisten á invasión do coronavirus, "sempre dispostos a axudar" aos que foron contaxiados.

O vídeo, que foi divulgado polo Servizo Galego de Saúde, recolle fotografías e vídeos dos traballadores do hospital durante os seus quefaceres diarios, durante os que ademais mandan mensaxes de ánimo aos pacientes e as súas familias.

Esta peza audiovisual, que segundo o Sergas, quixeron facer os traballadores "con todo agarimo e respecto" á situación actual, mostra como as urxencias pediátricas "contraatacan" á COVID-19.

Neste caso, a diferenza do cine, non son catro os "fantásticos" superheroes que combaten ao seu inimigo, senón moitos máis.

Ás enfermeiras, celadores, auxiliares e médicos, que tratan directamente cos pacientes ingresados, quixéronse sumar o equipo de seguridade ou os administrativos. Todos eles, ao unísono, entoan unha das frases máis escoitadas estes días: "todo vai saír ben".