Xerfa e O Vasko repiten por segundo ano consecutivo como gañadores do Sanxenxo Degusta Tapas

Sanxenxo
15 de xuño 2025

Sanxenxo Degusta Tapas volveu a ser un éxito de público con 7.242 tapas servidas nos 24 locais participantes cun total de 40 tapas diferentes a un prezo de 4 euros

Premio a O Vasko no certame Sanxenxo Degusta Tapas
Premio a O Vasko no certame Sanxenxo Degusta Tapas / Concello de Sanxenxo

As elaboracións Os tres elementos, do restaurante Xerfa, e o canelón de Bacallau ao pil pil, de O Vasko, impuxéronse na décimo cuarta edición do Sanxenxo Degusta Tapas nas categorías creativa e tradicional, respectivamente.

É o segundo ano consecutivo que estes dous establecementos gañan este concurso.

Os segundos premios, pola súa banda, recaeron en O Buraco con Saam de touciño entrefebrado a baixa temperatura con maionesa agripicante e fíos togorasi e Cochinillo a baixa temperatura con parmentier e chutney de verduras de Ollares da Ría.

As terceiras tapas mellor valoradas polo público foron as Gyozas de boi con maionesa de ja e teriyaki de Ollares da Ría e Xantar de Aldea de Restaurante Xerfa.

Sanxenxo Degusta Tapas volveu ser un éxito de público con 7.242 tapas servidas nos 24 locais participantes cun total de 40 tapas diferentes a un prezo de 4 euros.

Estas boas cifras de consumo conseguíronse en todos os restaurantes participantes.

"É unha clara aposta polo produto, pola cociña de calidade e iso nótase no éxito de público. A hostalería envorcase con esta proposta e nótase", asegurou o concelleiro de Turismo, Juan Deza.

Para os clientes que encheron o cupón do concurso tamén houbo premios, entre eles, accesos a spa, visitas guiadas a adegas ou viaxes en barco.