José Freire
Pornografía infantil
Son millóns de fotografías e centos de miles de vídeos e películas que circulan por Internet. Hai sitios indicados para tódolos gustos. Gays, heterosexuais, lesbianas, pederastas..., poden atopar sen dificultade algunha o que responda ás súas preferencias. Todo está ao alcance de todos.
ÿ precisamente neste mundo onde ten cabida a distribución da pornografía infantil. Co intercambio de fotografías e vídeos emerxe o correspondente ánimo de lucro. E aínda que este, nalgúns casos é mínimo, o valor llo outorga o que ten as imaxes que, pola cantidade ou calidade, lle da unha estimación económica ou as utiliza para o intercambio.
Máis para que isto poda ser, nalgures, unha persoa está convencendo ou forzando a un menor de idade a levar a cabo algúns actos obscenos, que plasmará nunha fotografía ou nunha cámara de vídeo para colocalos no mercado da pornografía infantil, a cambio dunhas suculentas cantidades de cartos.
Por iso, cada fotografía de pornografía infantil supón o sufrimento dun neno ou unha nena.
Son moitos os sectores implicados en todo este enramado. Por unha banda os propios menores e os seus pais, titores, consumidores da pornografía infantil, portais de Internet, páxinas específicas de sexo ou os usuarios de Internet en xeral; pola outra, os criminólogos, psicólogos, sociólogos, xuristas e a policía.
Resulta difícil o chegar a concretar unha definición sobre o que consiste a pornografía infantil, xa que depende de cuestións culturais, morais, pautas de comportamento sexual ou de confesións relixiosas.
A Convención sobre os Dereitos do Neno a entende como toda representación, por calquera medio, dun neno dedicado a actividades sexuais explícitas, reais ou simuladas, ou toda representación das partes xenitais dun neno con fins primordialmente sexuais.
No noso Pais chamámoslle pornografía infantil a aqueles contidos de características groseiras, lúdicas ou libidinosas, que perseguen a excitación ou satisfacción sexual, e no que se verifique a carencia ou case que inexistencia de valores artísticos, literarios, científicos ou pedagóxicos.
Dende o punto de vista da operatividade policial, que a min e o que me ocupa, calquera destas definicións é válida, máis para poder determinar se unha fotografía é pornográfica, ten que estar inmersa dentro dun contexto precisamente pornográfico ou exhibicionista.
Estamos pois ante unha forma de explotación sexual e, polo tanto, unha forma de maltrato infantil. E aquí xoga un papel determinante a idade. Hai países na que a súa lexislación establece que a pornografía infantil refírese a idades inferiores aos dezaseis anos. Polo tanto, se o neno chegou a idade na que pode dar o seu consentimento en materia sexual, a súa participación en actos de pornografía infantil non será punible.
Desta falta de precisión e unanimidade, e das lagoas legais, se aproveitan os delincuentes para evadila acción da xustiza, o que provoca unha indefensión enorme no menor.
A sociedade en xeral, e os corpos e forzas de seguridade, teñen un enorme reto por diante.