José Freire
Que fai a Policía
Coido que todo o mundo sabe o que é a Policía. Existen poucos cidadáns que non podan contar algunha experiencia sobre cómo foron axudados unhas veces e sancionados ou reprimidos outras por funcionarios dos corpos e forzas de seguridade; que o mesmo vixían o horario de peche dun establecemento, regulan o tráfico, axudan a cruzar a rúa a un neno, se enfrontan a tiros cun atracador, socorren ás vítimas dun accidente, investigan un asasinato, que loitan contra o tráfico de drogas ou utilizan sofisticados aparatos científicos. Aínda que algúns, levados por intereses políticos extremistas, so se fixan e falan da policía cando lles impiden infrinxir a lei, sen que isto lles importe o máis mínimo.
Quen si sabe o que é a Policía son eses homes e mulleres que a exercen como profesión que, aínda que nun principio apareza como unha saída profesional, deberá ser esencialmente vocacional, xa que doutro xeito sería imposible que existise unha Policía eficaz, dados os inconvenientes que a cotío se lle presentan.
Para coñecer a natureza da Policía compre determinar o lugar que lle corresponde na estrutura social dun país, así como o obxectivo os fins e as funcións que a distinguen das demais forzas sociais.
Todo o mundo sabe que a persecución do crime é a actividade policial mais coñecida polos cidadás, ata o punto que algúns a consideran a única función da policía. Constitúe esta a misión mais perigosa, difícil e ingrata.
Tampouco pasa desapercibida a función do que poderíamos denominar control dos cidadás mediante a expedición dos documentos con que as persoas poden acreditar a súa identidade, tanto no territorio nacional como no estranxeiro, ou daqueles outros que lle permitan aos doutros países permanecer o residir en España.
Outro aspecto importante é a preocupación pola seguridade con ocasión de actividades lúdicas, deportivas, espectáculos con que encher o ocio. Tamén aquí vixía a Policía para evitar riscos, facendo cumprir as normas para que os cidadás podan gozar dos mesmos con tranquilidade.
ÿ certo que, fora daqueles casos en que os cidadás se dirixen á policía para solicitar unha orientación, uns sinais ou calquera outra indicación, a súa relación lévase a cabo case que sempre en circunstancias que se saen do cotiá para os cidadás, aínda que están dentro da rutina do traballo dos policías. Este feito debe terse en conta polos funcionarios policiais actuantes no seu trato con denunciantes, testemuñas, sospeitosos, etc..
Existen circunstancias da actividade policial, como poden selos cacheos persoais, os rexistros domiciliarios, do automóbil ou equipaxe, así como as detencións ou outros actos represivos, impostos pola lei ou por decisión das autoridades lexítima e democraticamente elixidos que, por si mesmas, xa constitúen unha circunstancia anómala e nas que, canta máis autoridade moral consiga a Policía, será máis fácil reducila tensión que produce a intervención.
Non podemos esquecer, e a boa fe que unha das que máis orgullosos se senten os profesionais da seguridade pública, aquelas actuacións policiais que se desenrolan dun xeito espectacular directamente en favor dos cidadás afectados por circunstancias tan especiais como os accidentes ou as catástrofes. Velaí exemplos como o accidente ferroviario de Angrois ou o mais recente dos tres gardas civís que morreron o caer o helicóptero cando tentaban rescatar a un montañeiro. Tampouco debemos facelo daqueles servizos denominados humanitarios, como a asistencia as persoas desvalidas, menores fugados do lar ou persoas extraviadas ou desaparecidas.
Por outra banda, en determinados sectores da sociedade, existe unha prevención case que supersticiosa cara os órganos de poder, que eles pensan están representados pola Policía. Este é un dato a ter en conta entre os factores de tensión cando os cidadás, ou certos grupos, se atopan ca Policía.
Atendendo os problemas, tanto obxectivos como subxectivos dos cidadás, é como a Policía pode chegar a cumprir a súa función constitucionais de velar pola liberdade e seguridade da sociedade da que forma parte.