José Freire
Depredador
Así denominoulle o Comisario encargado da investigación ao individuo que durante varios meses secuestrou e agrediu sexualmente varias nenas no Distrito madrileño de Cidade Lineal e que finalmente acaba de ser detido e posto a disposición xudicial. Un tipo frío e calculador, que se beneficiou dunha desas revoltas con que a lei española nos sorprende de cando en vez, polo que estaba na rúa agredindo sexualmente a un dos sectores mais indefensos da sociedade como son os nenos.
Outro grande éxito da Policía española, á que me sento orgulloso de pertencer, e dun recoñecemento público ao bo traballo realizado na investigación que conduciu á detención deste despoxo humano.
Neste senso, se algo resulta meridianamente claro é que o cidadán, cando se lle dá a oportunidade de expresar a súa opinión, manifesta que non quere que a súa Policía se limite a ser unha mera tramitadora de denuncias ou formularios de uniforme.
O que parece máis evidente é que a Policía debe asumir cada vez máis un papel protagonista na intervención social, como analista de riscos e promotora de seguridade, mesmo antes que como mera instancia de control e reacción fronte ao delito.
Por outra banda, tanto o modelo coma a teoría do quefacer policial presentan unha inxente cantidade de posibilidades, pero calquera delas sempre contará coas funcións de prevención e de represión do delito.
Ata non hai moitos anos, a Policía atopaba na detención do delincuente o seu paradigma principal de actuación, o que supoñía unha actitude reactiva ante o delito. Hoxe ten plenamente asumido o seu papel dentro dunha cadea global, que pretende mellorar día a día a calidade de vida do cidadán. Calidade de vida na que se inclúen os servizos sanitarios, os educativos..., e por que non?, os policiais, e especialmente todas aquelas actividades da profesión policial que buscan a ausencia de delitos e de desordes na rúa.
Estes días vimos como a opinión pública se centraba en analizar a personalidade e demais circunstancias que rodeaban o autor das agresións. Pero moi pouco nas vítimas. Neste senso cabe subliñar que a seguridade pública se enfocou tradicionalmente dende a perspectiva legal: pártese dun catálogo de condutas tipificadas como delitos, e a partir de aí a investigación céntrase nos suxeitos activos que levan a cabo as devanditas condutas.
Así como na medicina un dos seus axiomas é o de que ""non" existen enfermidades senón enfermos", dirixindo a acción da medicina cara ao suxeito pasivo da enfermidade, a seguridade centra case toda a súa atención no "suxeito activo" do delito; é dicir, no delincuente. Ata hai non moitos anos mentres o Poder Lexislativo regulaba a infracción dicindo Será castigado con pena de....el que"; o Executivo tiña como principal misión, a través dos corpos policiais, "Perseguir o delito e apresar o delincuente"; o Poder Xudicial, na área de seguridade, tiña aparentemente como único obxectivo "Xulgar o delincuente". Nada se dicía da vítima.
Os poderes públicos están obrigados a protexer e, en moitos casos, a indemnizar as vítimas. Débese actuar máis pensando que ""non" existen delitos, senón vítimas". Debe ser preocupación dos responsables da seguridade non só o delito, senón todo aquilo que cause inseguridade nos cidadáns, obxectiva e subxectivamente.