Pedro L. Soto Blanco
Por un emprego digno e sustentable na comarca de Pontevedra
A celebración do Primeiro de Maio é unha excelente oportunidade para reflexionar sobre o gravísimo problema de emprego en Pontevedra e sobre o futuro de Ence.
Agora que o tema da permanencia de Ence na Ría volve estar na primeira liña da actualidade, cómpre tratar de aportar algo de claridade e reflexión nun debate no que, con frecuencia, os traballadores e traballadoras de Ence miramos cómo se nos usa coma baza electoral, como se fala do noso traballo ou da nosa empresa sen coñecernos, ou mesmo cómo formacións políticas de vello cuño ou outras xurdidas nos últimos tempos negan a existencia de preto da metade dos traballadores de Ence Pontevedra, querendo reducir todo a unha cuestión de 200 –unha cifra falsa- traballadores e traballadoras.
A excusa para esixir que uns 800 profesionais da comarca –uns 330 en nómina directa de Ence- queden no paro é o suposto incumprimento das normas ambientais. Cada vez que se pon enriba da mesa este argumento, estase a xogar cos nosos postos de traballo sen o máis mínimo de rigor. ¿Cómo pode ser posible?
As normas europeas de xestión ambiental, as máis esixentes do mundo, son cumpridas e melloradas, con moito, por Ence Pontevedra. E non o di Ence. Dino as inspeccións ás que estamos sometido, as analíticas que se fan diariamente. O díxo a Xunta do bipartito e tamén o Goberno autonómico actual do PP.
Asistimos, sen embargo, a acusacións permanentes de contaminación. E máis en época electoral. E a contaminación e é un tema co que non se debe ser frívolo. Xa non só polo que pode supor para moitos traballadores e traballadoras de Ence. Senón porque o noso futuro, o de todas e todas, está vencellado á nosa mellora, como sociedade, da nosa pegada ambiental. E mentres o ambiental tamén se politice, máis difícil será mellorar.
É o caso, por exemplo, do problema que afecta ao marisqueo na Ría de Pontevedra. Durante anos, culpouse a Ence. E tivo que ser a Comisión Europea quen chegase para dicirnos o que en Ence xa sabiamos: que o problema da Ría está relacionado coa xestión das augas residuais urbanas. Moitos perderon moito tempo durante acusando anos tratando de acusar a Ence. O dano foi para a Ría e para as mariscadoras. Para o emprego. Os mesmos que agorad din que pechar Ence xeraría emprego.
Como presidente do Comité de Empresa de Ence quero dicirlle a toda á cidadanía, e a toda a clase política, que os traballadores e traballadoras de Ence somos os primeiros en esixirlle á empresa que non deixe de mellorar o seu comportamento ambiental.
Porque nós tamén somos de aquí, vivimos aquí, e queremos unha mellor Pontevedra para os nosos fillos e fillas. E porque nós si sabemos que se a fábrica de Pontevedra vende a súa producción nos mellores mercados de Europa é, precisamente, polo bo desempeño ambiental no proceso de fabricación.
Imos seguir esixíndolle á empresa que siga mellorando. Pero tamén quero pedir, neste Primeiro de Maio, que se nos coñeza antes de falar, que non se xogue cos nosos postos de traballo, que ninguén se escude detrás dun suposto traslado que nunca existiría: a alternativa é o peche, o paro, e a destrucción de empresas auxiliares da industria en Pontevedra e do sector forestal galego. Falamos de moitos empregos.
Non queremos que nos pase coma aos traballadores do sector naval de Ferrolterra nos anos 80: máis de 30 anos despois da suposta reconversión, nunca se recuperaron os empregos, e a economía ferrolá está na UCI. Cunhas taxas de paro, por certo, que compiten coas de Pontevedra polo peculiar mérito de ser as máis altas de Galicia e do Norte de España.
Non queremos algo así para nós nin para Pontevedra e a súa comarca nin para o sector forestal galego.
Pedro L. Soto Blanco
Presidente do Comité de Empresa de ENCE Pontevedra