Manuel Pérez Lourido
Olliño!
Estamos aínda escrutando o voto, que ten moito que escrutar unha vez feito o reconto. Nunha pasaxe da Biblia Jesús aconsella aos seus discípulos que escudriñen as Escrituras. O mesmo deberiamos facer cos resultados electorais.
As vellas certidumbres sufriron un revolcón. Coma se neste país descubrísemos unha epidemia de corrupción cuxos síntomas estaban á vista de todos pero precisaron da cirurxía dunha crise para que os apreciase a cidadanía. Non toda. Coma se nos vísemos chuleados por unha manchea de promesas.
E agora que vai pasar?, acabouse a democracia?, xa non temos nada que rascar? a ver chegar os pactos e os días coa boca aberta?. Se chegan... bo, os días esperemos que si.
A ansiedade polas cadeiras de brazos empeza a facerse máis real no sistema nervioso dos que estaban e non se queren ir e dos que agardan chegar. E nós, que?. Quen che escribía a ti versos, dime neno quen era?, quen che mandaba flores por primavera?.
Agora só somos o refrán dunha canción que só se volverá a oir dentro de catro anos? Convocarannos de novo porque non se van a apañar eles sós?
Olliño, que estamos aquí. Olliño que fai catro anos saímos á rúa e agora estamos nos concellos e nos bancos do Congreso.
Olliño, que o podemos volver facer.